Recursos e talleres para difundir conceptos de arquitectura, paisaxe e patrimonio
A nosa formación como arquitectas fai que a configuración de espazos e a relación das persoas coa súa contorna sexan de gran importancia. Por iso, desenvolvemos talleres para nenas e nenos relacionados coa arquitectura e o paisaxe, así como recursos didácticos que dan a coñecer conceptos urbanísticos e arquitectónicos.
Cremos que o deseño participativo é unha ferramenta coa que os usuarios poden aportar ideas sobre as súas necesidades para que os técnicos poidan formalizar solucións reais e útiles para aqueles que van vivir o espazo.
Esta preocupación espacial trasladase tamén aos centros educativos co desenvolvemento de proxectos nos que a comunidade educativa reflexiona sobre o seu espazo e propón os cambios necesarios para melloralo. É nos proxectos específicos de cada espazo onde os proxectos artísticos se fusionan cos conceptos espaciais, sendo un componente principal no seu deseño e desenvolvemento.
Partindo desta creencia, deseñamos talleres didácticos para nenas e nenos nos que explicar conceptos artísticos, coñecer autoras/autores e traballar a expresión plástica.
Desenvolvemos exposicións coas que transmitir contidos de forma clara e interactiva, promovendo a participación do público, e elaboramos recursos didácticos adaptados a diferentes públicos.
Consideramos a arquitectura como unha disciplina global que atopa interseccións con outras como a arte, as ciencias sociais e as naturais. É unha materia presente en calquer escenario da vida humana e é de gran importancia coñecer conceptos relacionados con ela que axuden a nenas e nenos a entender a súa contorna e valorar o patrimonio tanto construído como natural, desde unha idade temperá.
Empregamos o termo de arte contemporánea para referirnos ás escenografías, pezas e artefactos que deseñamos para contextos concretos e propósitos específicos, tendo en conta as condicións espaciais impostas.
O noso interese pola educación esténdese á configuración dos espazos escolares, polo que desenvolvemos procesos de transformación nos que a comunidade escolar decide como deben ser os seus centros e as rutas a pé que se deben seguir para chegar ao centro. Buscase unha profunda reflexión do grupo que impulsará o cambio para, en fases posteriores, realizar unha transformación física do espazo.
Promovemos proxectos de diversos tipos nos que a participación cidadá é fundamental, fomentando unha organización horizontal na que o destinatario final da acción poida aportar a súa visión e ver reflectidos os seus intereses nos cambios promovidos.
Deseñamos recursos sobre diferentes temáticas para achegar contidos de arte e arquitectura ao público infantil cun deseño atractivo que esperte o interese por materias que poden resultar alleas ou complexas. Para iso, utilizamos formatos analóxicos e dixitais, adaptándonos aos intereses do proxecto.