Patios escolares

tallerabierto_transformacionpatios

Nos últimos tempos, houbo un interese crecente por parte dos centros educativos en mellorar os seus patios, espazos habitualmente esquecidos que carecen de planificación e resultan limitados para a posta en práctica de xogos alternativos, actividades e metodoloxías docentes. Nesta liña de acción, desenvolvemos diversos procesos nos que se implica a comunidade escolar en maior ou menor medida nun proceso de recollida de datos e aportación de ideas para a transformación do espazo. Ao igual que na aula se atende á diversidade do alumnado, o patio de xogo debe ser reflexo desta variedade e acoller diferentes formas de estancia e xogo.

Propónse unha metodoloxía activa na que o equipo técnico recorre a diferentes dinámicas dirixidas aos membros da comunidade escolar co fin de levar ás persoas que a conforman ao centro do proceso transformador, afastado do esquema tradicional no que o especialista dita os cambios e se executan sen a intervención do usuario final. Neste tipo de iniciativas, o proxecto pretende crear comunidade, polo que desde o principio é importante que docentes, alumnado e familias sexan parte activa do proceso. Se cada individuo é axente transformador aportando as súas opinións e propostas, todos sentiranse parte do cambio e asumirán o novo recinto como unha construción propia.