Somos dúas arquitectas que desde 2013 desenvolvemos proxectos artísticos e culturais nos que se fomenta a participación cidadá. Entre as nosas actividades atópanse a organización de cursos de formación para docentes, o comisariado de exposicións e os talleres didácticos en museos e institucións públicas e privadas. A nosa labor no ámbito da educación tamén inclúe a produción de material didáctico en soporte físico e audiovisual. Para nós, o espazo público e o territorio poden ser motores de aprendizaxe, polo que tamén implementamos proxectos nos que son protagonistas.
Partindo desta creencia, deseñamos talleres didácticos para nenos e nenas nos que explicar conceptos artísticos, coñecer autoras/autores e traballar a expresión plástica.
Desenvolvemos exposicións coas que transmitir contidos de forma clara e interactiva, promovendo a participación do público, e elaboramos recursos didácticos adaptados a diferentes públicos.