Instalación polo Día Mundial da Arquitectura

O primeiro lunes de outubro celébrase o Día Mundial da Arquitectura polo que se desenvolven en todo o mundo distintas actividades conmemorativas en entidades culturais de todo tipo. Trátase dunha celebración que pretende achegar a arquitectura en todas as súas dimensións á cidadanía para facer una chamada de atención sobre unha disciplina que se percibe alonxada da sociedade.
O Museo Provincial de Pontevedra impulsa por este día unha actividade participativa para escolares de Pontevedra centrada na reflexión sobre o espazo doméstico. As circunstancias que vivimos desde o 2020 levaron a moitas persoas a repensar os seus fogares e a caer na conta da importancia do espazo na calidade de vida das persoas.
A través da mirada da cativada, e xunto a materiais e textos aportados polos equipos de deseño, construirase un gran collage sobre o concepto de casa e fogar. Para iso, cada alumno/a participante fará unha fotografía con dispositivo móbil ao espazo da súa casa onde máis lle guste estar e deberá enviala ao seguinte correo: contacto@tallerabierto.info. Esta poderá ir acompañada dun pequeno texto que explique as razóns da súa elección.