Noites Abertas é un programa de lecer xuvenil organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra no que participan miles de mozos e mozas cada ano. As actividades son de todo tipo: físico-deportivas, culturais, formativas, lúdicas e de desenvolvemento persoal.
taller abierto realizou a ambientación, apoiada na imaxe anual da organización, dos peches do programa nas edicións 2014, 2015 e 2016.
Nestas grandes festas participativas interxeracionais, o obxectivo é sorprender, atraer e implicar ao público con xogos e elementos interactivos.