Participación cidadá para a transformación do barrio de Altamira

tallerabierto_participacionciudadana_altamira

“¡O barrio de Altamira tamén existe!”. Este foi o lema central dunha serie de carteis cos que veciños do barrio convocaron a todas as persoas que residen o teñan propiedades na zona de Altamira, Villar Ponte e San Antoniño a unha reunión co obxetivo de crear uhna plataforma ou asociación para defender o barrio.

Esta primeira reunión contou cun grupo de veciños que representaba a oito comunidades de propietarios e 21 vivendas e nela fixeron un escrito para o Concello de Pontevedra demandando a mellora e limpieza do barrio que xunta a máis de 180 familias.
Consideran que o proceso debe pasar por un “debate amplo, con participación activa da veciñanza” Deste xeito en xaneiro 2023 desde o Concello contrátannos para levar a cabo un proceso participativo que busca consensuar unha mellora sustancial do barrio.

Sesións de traballo coa veciñanza da rúa Altamira
1º sesión: Analise do barrio. DAFO

2º sesión: Propostas de mellora por grupos

3º sesión: Posta en común e referencias de posibles solucións
Nesta sesión recollense as actuacións solicitadas que mais se repetiron nos 4 grupos de traballo da
sesión anterior e que, unha vez consensuadas cos responsables municipais poden ter viabilidade
na proposta final:
Retirada dos coches aparcadas nas rúas
Sustitución do alumeado público, elimando o que vai a fachada
Eliminación do cableado aéreo
Eliminación das zonas de aparcadoiro nas rúas do barrio
Sustitución do pavimento do barrio con novas canalizacións para servizos e cambio na recollida de
pluviais
Incorporación de árbores e novo mobiliario público: bancos, farolas e papeleiras
Sustitución das varandas da rúa de Altamira
Restauración das escaleiras de Villar Ponte
Proposta de murais nos muros máis deteriorados do barrio

4º sesión: Posta en común da proposta final
Nesta sesión presentouse a proposta final de reurbanización que recolle todo o traballo feito nas
anteriores sesións