Vídeos didácticos: A forma urbana de Pontevedra

tallerabierto vídeosarquitectura

Este proxecto ten como obxectivo dar a coñecer a historia de Pontevedra desde o punto de vista súa forma urbana. Deséñase un caderniño con ilustracións e textos breves que apuntas os principais acontecementos históricos que determinaron cambios urbanísticos fundamentais ademais de incluir algunas das edificacións máis salientables da trama urbana. Cun formato impreso en papel, resulta un recurso de utilidade para traballar contidos realcionadso coa historia e a arquitectura. Trátase dun coidado material onde o contido está dirixido non só a nenas e menos de 6 a 12 anos, senón que tamén é útil para aqueles públicos descoñecedores da materia.

Ao fío deste proxecto elaborouse un material audiovisual para difusión en RRSS onde se sintetizan os contidos que aparecen na guía sobre a forma urbana. Son pequenas pílulas de información elaboradas con ilustracións animadas onde se fai un percorrido pola historia de Pontevedra ampliando a información recollida na guía. Trátase dun formato novedoso que pretende conectar con determinados públicos que consumen contidos en medios non convencionais e aos que é máis fácil chegar mediante estes.