Proxectos didácticos sobre arte e arquitectura
Todos os nosos proxectos teñen unha base didáctica, pero tamén desenvolvemos actividades especificamente orientadas á educación, como as actividades de mediación cultural vinculadas a distintos eventos ou programas de institucións públicas e privadas, ou as actividades didácticas específicas para museos.
O noso interese pola formación levounos a deseñar formacións para adultos, tanto no ámbito público como no privado, ademais de traballar coa infancia.
No primeiro grupo, temos as formacións para docentes, e no segundo, as tertulias formativas sobre arte, así como talleres que desenvolvemos no noso espazo sobre temas que consideramos de interese pola súa proxección de futuro ou a súa vinculación coas artes.
Consideramos que o coñecemento sobre arte é un fin en si mesmo, pero calquera actividade cultural pode ser un vehículo para a difusión do coñecemento sobre temas de interese, ademais de apoiar a difusión de coñecemento mediante a promoción de xornadas onde o debate e a reflexión son parte fundamental.
A formación é a base do coñecemento, polo que desenvolvemos diferentes actividades para achegar a temas de arte e arquitectura ao público adulto, deseñadas segundo os seus intereses e/ou necesidades.
Todos os nosos traballos parten da investigación e consideramos que os encontros para o debate e a reflexión conxunta son os espazos nos que se xeran sinerxias intelectuais que motivan os cambios. Por iso, organizamos xornadas para debater sobre os temas que máis nos interesan: arte, arquitectura e educación, antes de pasar á acción que producen os cambios.
Creemos que a mediación é a forma ideal de comunicación cos participantes en actividades culturais, polo que promovemos proxectos nos que o coñecemento se difunde con accións deseñadas específicamente para o público destinatario.
Os museos son espazos que atesouran unha gran cantidade de coñecemento e, conscientes da súa función social, cada vez integran na súa programación máis actividades didácticas que achegan o seu contido aos visitantes. Unha das nosas vertentes de traballo é o deseño ad hoc de programas e talleres que trasladen contidos específicos a públicos de diferentes idades e intereses, con enfoques teóricos ou prácticos en función da materia tratada.