PLACEMAKING WEEK EUROPE PONTEVEDRA. Obradoiros de arquitectura para nenas e nenos.
Neste obradoiro dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos coñeceremos o valor patrimonial de Pontevedra, cun programa de actividades entre o xogo e a plástica. Reinterpretarán o tecido urbano e a arquitectura vernácula co fin de coñecer a importancia do Museo de Pontevedra na cidade.
Identificaremos os elementos que conforman a traza urbana segundo o seu carácter de sector, borde ou senda, nodo ou fito; e descubrindo algúns feitos xeográficos, históricos e antropolóxicos que fixeron que Pontevedra sexa hoxe a cidade que é.
Partindo da muralla de Pontevedra, ubicaremos os seis edificios do Museo de Pontevedra e analizaremos os diferentes estilos edificatorios. Completaremos as Ruínas de San Domingos coñecendo as partes que a conforman. Analizaremos o
claustro do edificio Sarmiento e a súa conexión coa arquitectura contemporánea do Edificio Castelao. Desenvolveremos, en definitiva, o sentido de observación, espertando nos nenos e nenas participantes o interese pola arquitectura da cidade mediante a experimentación e a diversión.
Este programa pode desenvolverse en cinco sesións e dúas quendas orientadas a dous grupos de idades diferentes:
Sesión 1 a vista de paxaro
Cada día percorremos a pé as rúas da nosa cidade sen percibir os seus trazados. Pasamos diante de edificios sen decatarnos da súa forma e posición respecto doutros. Tomando como centro os edificios do museo. Nun itinerario aéreo coñeceremos as trazas da muralla e as distintas formas que toma a cidade.
Sesión 2 habitando formas xeométricas
A complexidade do espazo que nos rodea pode simplificarse reducindo os elementos á súa forma esencial. Pensaches algunha vez que un edificio é un gran prisma? Ou que a as fachadas están formadas por cadrados e rectángulos? Ao fin e o cabo o espazo é un grande taboleiro de xogo onde os elemento construídos son simples formas xeométricas.
Sesión 3 rastros e restos
A cidade é unha superposición de capas nas que as distintas etapas históricas van deixando a súa pegada. Hoxe podemos seguir a estela do que noutro tempo fomos a través de elementos que son testemuñas dun tempo anterior. As ruínas de San Domingos, un dos edificios que forma parte do museo de Pontevedra, son unha mostra das sinais do tempo e da loita por manter un patrimonio que deu forma á
nosa historia.
Sesión 4 completando o crebacabezas
A trama urbana está composta por pezas que se van encaixando ata constituír un conxunto no que ningunha das partes parece ter significado sen as outras. Nesta sesión veremos como contemporaneidade e tradición conviven poñendo como exemplo o diálogo arquitectónico entre o edificio Sarmiento e o Sexto.
Obxectivos didácticos
Conectar ao neno co seu entorno
Identificar e interpretar os elementos dun plano
Coñecer a Historia da cidade
Valorar o patrimonio construído
Fins do obradoiro
Coñecer o museo de Pontevedra
Promover o coñecemento da nosa Historia
Desenvolver o sentido da observación, espertando no neno a interese pola
arquitectura
Datas
27, 28, 29, 30 de setembro 2022 de 17 a 19h