Transformando o patio do CPI de Atios de Valdoviño

tallerabierto_arteparaniñas_os_transformacionpatios

Ao longo dos meses de abril, maio e xuño de 2019, implicouse á comunidade escolar (alumnos e profesorado) nun proceso de recollida de datos e aportación de ideas para a transformación do patio de recreo co obxectivo de convertero nun espazo máis axeitado ás diversas actividades que se poden desenvolver durante o tempo de lecer que forma parte da xornada escolar. Ao igual que na aula se atende á diversidade do alumnado, o patio de recreo debe ser reflexo desta variedade e acoller diferentes formas de estancia e xogo.

Planteouse unha metodoloxía activa na que o equipo técnico recorreu a diferentes dinámicas dirixidas aos membros da comunidade escolar co fin de levar ás persoas que a conforman ao centro do proceso transformador, afastado do esquema tradicional no que o especialista dita os cambios e se executan sen a intervención do usuario final.

Ao longo deste proceso, recolléronse as impresións de todos os alumnos, desde infantil ata 4º de ESO, e contouse co equipo docente na recollida de información para o seu posterior tratamento e análise. Todos os datos recabados empregáronse para elaborar unha proposta que conta coa rigor técnico e tamén cun fundamento realista baseado nos desexos, reflexións e intereses da comunidade escolar do CPI de Atios de Valdoviño.

O proxecto pretende crear comunidade, polo que desde o principio é importante que o profesorado e o alumnado sexan parte activa do proceso. Se cada individuo é axente transformador aportando as súas opinións e propostas, todos sentiranse parte do cambio e asumirán o novo recinto como unha construción propia. Convén destacar o papel de cada axente dentro do proceso cooperativo:

  • Alumnado: principais protagonistas, actores e receptores de todos os cambios que se producen.
  • Profesorado: encargados de levar a cabo as tarefas que lles encomende o equipo técnico na súa ausencia. Deben motivar ao alumnado a realizar estas tarefas indicando as consecuencias reais do proxecto.