ARTE

Proxectos, actividades e talleres baseados na arte e no deseño

A arte é unha forma de comunicación humana mediante a cal o individuo reinterpreta a realidade ou expresa o que imaxina. Trátase dunha potente ferramenta de intercambio entre as persoas que, ademais, impulsa a curiosidade, o interese polo coñecemento e a creatividade.

Partindo desta creencia, deseñamos talleres didácticos para nenas e nenos nos que explicar conceptos artísticos, coñecer autoras/autores e traballar a expresión plástica.

Desenvolvemos exposicións coas que transmitir contidos de forma clara e interactiva, promovendo a participación do público, e elaboramos recursos didácticos adaptados a diferentes públicos.

arte fondo

ARTE PARA NENAS E NENOS

Enfocamos a nosa actividade no aproveitamento das capacidades e na expresión libre, ofrecendo unha oportunidade para que nenas e nenos establezan vínculos coa arte e adquiran coñecementos esenciais para desenvolver un criterio artístico básico.

Tratamos de abrir novas liñas e achegar a arte dun xeito amplo, cun programa que traballa os temas de forma global en lugar de compartimentos illados, co obxectivo de construír na nena ou no neno unha estrutura de pensamento, unha forma de observar que os capacite para comprender e apreciar os valores estéticos do mundo. 

Abordamos a arte en todas as súas manifestacións plásticas, dende liñas temáticas concretas. Trátase de que cada nena/o atope o seu medio de expresión.

Emilia Pardo Bazán
tallerabierto_museo en camiño_pliegodidactico
tallerbierto arteparaniños y niñas curso 2324

EXPOSICIÓNS DIDÁCTICAS

Deseñamos proxectos expositivos didácticos integrais, desde a idea inicial ata a formalización, co obxectivo de achegar contidos ao público dun xeito innovador, tanto a nivel de transmisión de conceptos como de montaxe, buscando experiencias completas nas que o desfrute do percorrido expositivo se conxuga coa aprendizaxe.

RECURSOS DIDÁCTICOS

Ideamos recursos sobre distintas temáticas para achegar contidos de arte e arquitectura ao público infantil cun deseño atractivo que esperte o interese por materias que poden resultar alleas ou complexas. Para iso, utilizamos formatos analóxicos e dixitais adaptándonos aos intereses do proxecto.

Emilia Pardo Bazán