Mostra do programa: O Museo en Camiño

Esta pequena exposición non é unha colección de resultados, senón unha mostra dos procesos iniciados e das posibilidades dun modo de traballo no que a expresión plástica é o medio de transmisión do coñecemento.

A fin é amosar en que consiste a mediación artística e como é posible crear actividades diversas a partir da obra artística que van máis aló da imitacion de estilos ou da copia mimética.

Para cada unha das pezas desenvolveuse unha unidade didáctica que recolle as indicacións necesarias para facer a actividade. Ademais produciuse un material propio para desenvolver cada unha delas.

Esta mostra pecha a viaxe iniciada polo museo propoñendo a busca polo edificio Castelao das pezas orixinais, que esperan ser recoñecidas polos visitantes mediante os distintivos que se colocaron en cada unha das salas onde se atopan as pezas.

 

Relacionados