Rutas para todos

Co programa Rutas para todos na Illa do Covo, as persoas con discapacidade tamén poden realizar un percorrido que destaca tanto a natureza circundante como as pezas de arte que a habitan e a converten nun museo ao aire libre. Esta é unha ruta adaptada para públicos con capacidades diversas na que se explota todo o potencial sensorial.

Hoxe as cidades están sometidas a procesos continuos de cambio, con novos escenarios e ritmos sociais, o que esixe modelos urbanísticos axeitados que adapten os seus diagramas sectoriais a novos esquemas para resolver os problemas de accesibilidade, especialmente en entornos naturais. En Pontevedra abórdase de maneira responsable esta cuestión, facilitando experiencias educativas e de lecer a todas aquelas persoas que teñen limitadas as súas condicións intelectuais, sensoriais e motoras.

Co programa de Rutas adaptadas, Terras de Pontevedra propón incidir nos seguintes parámetros fundamentais na Illa do Covo: estender o acceso e goce deste espazo natural a toda a poboación, mellorar o coñecemento dos valores culturais e naturais deste entorno único, destacar as pezas de granito de grandes artistas internacionais e da terra, e abordar a accesibilidade inmaterial do espazo, proporcionando unha experiencia máis completa e satisfactoria ao alcance da maior diversidade de visitantes posible.

En relación ás persoas de mobilidade reducida convén destacar que o circuíto é case circular e pódese usar a audioguía ou o pdf e facer unha visita sen atención. O chan é de terra compactada e a pendente raramente supera o 6%. En relación ao aparcamento cabe sinalar que hai prazas para mobilidade reducida no Pazo da Cultura, que está nas inmediacións da ruta.

 Descargar pdf Guía de texto rutas para todos

 Descargar pdf Guía de plantas y árboles

 Descargar pdf Guía de aves

Descargar audioguías para todos Illa do Covo