Programa de inclusión no IES de Poio

O espazo educativo pode ser un obxecto de reflexión creativa de moito interese para a educación artística, unha liña de acción artística que prioriza o traballo “sobre” o espazo e “con” o espazo, que se pregunta polas interaccións humanas, sociais e simbólicas que nele se producen e que parte da propia experiencia e vivencia do espazo. Como construímos a nosa relación cos lugares? Que valores e significados se transmiten mediante os usos dos espazos? Como xerar diferentes lecturas sobre un espazo educativo? Estas preguntas poden responderse con medios artísticos.

Plantéase que os alumnos desenvolvan un proxecto colaborativo que traballe en e con espazo escolar. A meta é converter o instituto nun lugar ao que querer ir e co que forxar vínculos positivos.

Obxectivos

Conectar cos adolescentes cun entorno social favorable.

Formar suxeitos críticos que expresen as súas emocións e comprendan as do grupo.

Fomentar valores de participación e traballo en equipo.

Valorar a participación como motor de cambio positivo.

Aproveitar o poder educativo e transformador do arte.

Instalación

A instalación constitúe un medio interesante para elaborar discursos sobre o significado dos espazos escolares e achegar ao alumnado conceptos artísticos cos que non están habituados. Pídeselles aos estudantes que deseñen unha instalación nun espazo do centro. A condición é que a instalación aborde un asunto relacionado coa vivencia do espazo educativo, polo que debemos reflexionar sobre as experiencias e os significados que estes espazos teñen para os alumnos. O arte comunitario consiste nun proceso de negociación e participación no que o docente actúa como facilitador dos procesos creativos e no que a comunidade, neste caso os estudantes, debe atopar a súa voz e o seu discurso. A intervención pode recoller distintos enfoques: críticos, participativos, sensoriais.

Actividades do taller

Crear un espazo lúdico, unha imaxe-metáfora, que transmita unha mensaxe ao resto da comunidade.

Plasmar as emocións que xeran os distintos lugares. 5 emocións:

Alegría | Tristeza | Aburramento | Sorpresa | Enfado

Recoller as impresións do público como ferramenta importante na última sesión de avaliación e valoración.

Dar cabida aos sentimentos, á crítica, ás lembranzas ou as ideas dos estudantes mediante o arte.

Establecer un código compartido coa comunidade escolar (profesores e alumnos) que estreite lazos entre o grupo.

Compartir coa comunidade a intervención no espazo escolar.

 

Metodoloxía

Sendo un taller eminentemente práctico, o método é activo. Trátase de que os estudantes participen na construción do seu coñecemento; e activador cara a unha acción docente transformadora. Aplicado aos cambios que se están producindo na sociedade; e aplicable, transitando desde a reflexión á acción. Creativo na forma de introducir os temas; e creador, entendido como espazo de elaboración colectiva.

Palabras clave: arte comunitario – empoderamento – incerteza – emoción – expectativa – cooperación – proactividade – motivación