Co-acción: programa de concienciación contra o bullying

Existen diversos tipos de violencia escolar, como a indisciplina ou a violencia cara a persoas, escenarios e obxectos. O acoso é unha modalidade de violencia diferente a outras, soe implicar violencias de tipo social ou de exclusión, verbais, psicolóxicas, físicas, sexuais, con coaccións.

As modalidades de agresións de acoso escolar ou bullying máis frecuentes son as formas verbais, as malas relacións e as agresións indirectas, mentres que as menos habituais son o illamento e a agresión física. Pero as manifestacións visibles adoitan realizaras persoas diferentes ás que as deseñaron e os ataques, manifestos ou non, poden partir dun individuo ou grupo, xa que tanto o ideólogo como o executor contan cun grupo de cómplices ou espectadores pasivos que axudan a que os casos se multipliquen.

É preciso considerar os diferentes papeis de vítimas, agresores e espectadores pasivos. É necesario tamén utilizar a escola como lugar neutral e estruturar unha intervención centrada nela.

Obxectivos

  • Recoñecer á comunidade como un recurso para a resolución de conflitos
  • Facilitar aos mozos a creación de solucións aos problemas de conduta
  • Considerar aos adultos (docentes, familias, orientadores) como colaboradores
  • Aumentar a interdependencia comunitaria
  • Rechazar as estruturas de poder que favorecen as condutas violentas
  • Saber recoñecer os perfís psicosociais dos axentes implicados no bullying

Programa

Plantéase un proxecto centrado nos estudantes para construír unha comunidade, que aspira a fomentar a cidadanía responsable e utilizar a acción colectiva e a mediación como tácticas para previr ou reducir a violencia entre mozos. Apóiase en dinámicas de traballo grupais, poñendo en xogo habilidades, talentos e potencialidades de cada integrante para favorecer tanto un crecemento persoal e social como ferramentas para a resolución de conflitos.