Desde a súa primera exhibición, o cinema revelou que o seu destino era axudar a redimensionar o imaxinario cultural dunha sociedade conformada por unha revolución tecnolóxica sen precedentes. O feito de que este fenómeno amplificase ata límites insospeitados a duplicidade mecánica inherente ao eido fotográfico –mediante o rexistro do devir do tempo e mediante o rexistro do movemento– motivou un enconado debate sobre cales ían ser as virtudes e os defectos de tan innovador artefacto.
Co cinematógrafo non só era posible obter unha imaxe dun referente do mundo sensible, senón que esa imaxe –que sustituía ao mentado referente mediante a súa duplicación– latexaba ante os extasiados sentidos duns espectadores obrigados a cuestionarse a súa condición. A vida emanaba do tren de luces e sombras mediante o transcorrer do tempo e mediante a alucinada percepción duns incorpóreos seres e artefactos que se desplazaban como no mundo real.
O grao de empatía entre o novo medio e os seus seminais espectadores aumentou exponencialmente a medida que o invento viuse afectado tanto polas estruturas narrativas inherentes ao relato decimonónico, como polos sistemas de representación visuais inherentes á pintura renacentista e ás artes escénicas. A paulatina cristalización das dramaturxias audiovisuais revelou que o obxectivo primordial do cinema era alterar o estado emocional do espectador. De feito, non se tardou en recoñecer a súa capacidade para (re)presentar tanto o poliédrico comportamento dos seres humanos, como as súas diversas motivacións.
Por este singularísimo motivo o cinema revélase unha canle ideal para reflectir os imaxinarios psicolóxicos e emocionais que conforman a nosa humana e caduca condición.
Obxectivos:
- Recoñecer a capacidade do cinema para reflictir o espectro emocional e psíquico do ser humano.
- Relacionar conceptos inherentes a diversas disciplinas e áreas de coñecemento.
- Asimilar os diferentes mecanismos utilizados polo cinema para reflictir un imaxinario tan poliédrico como complexo.
Estructura da actividade:
Presentación e contextualización do filme a cargo de Suso Novás
Proxección do filme
Intervención da experta e reflexións a cargo de Julia Fraga
Apertura de turno de preguntas e coloquio
Datas e horario: Esta segunda edición celebrarase os días 16 e 23 de febreiro e o 15 e 22 de marzo de 19.00 h a 22.00 h
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Currículum dos relatores:
Suso Novás. Vencellado ao eido cinematográfico desde mediados dos anos noventa, formou parte da xunta directiva do Cine Club Pontevedra e deseñou a programación do Cine Forum de Noites Abertas da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra. Foi docente na facultade de Belas Artes (Uvigo) e no centro asociado da UNED de Pontevedra. Entre o 2004 e o 2010 colaborou regularmente con ARTNOTES: revista internacional de arte. Desde 2007 programa e coordina os seminarios e os ciclos cinematográficos da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Na actualidade traballa nas áreas de programación e coordinación formativa de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.
Julia Fraga. Licenciada en Medicina, especialista en Psiquiatría. Master en Terapia Familiar. Formación en psiquiatría psicodinámica. Miembro, desde a súa fundación do foro de Psiquiatras Españolas a favor dos estudos de xénero.
Na actualidade é Facultativa especialista de área no Centro de Saúde Mental Taboada Leal do Chuvi.
Selección de películas e temas a tratar:
16 de febreiro: Amorodos Salvaxes
Smultronstället, 1957. Ingmar Bergman
Temas a tratar: a vexez e a proximidade do final da vida.
23 de febreiro: Os Tenenbaums. Unha familia de xenios
The Royal Tenenbaums, 2001. Wes Anderson
Temas a tratar: a familia, o fracaso e as relacións tóxicas.
15 de marzo: O Servente
The Servant, 1963. Joseph Losey
Temas a tratar: a manipulación, a soidade e a dominación frente á sumisión
22 de marzo: Que foi de Baby Jane?
What Ever Happened to Baby Jane?, 1962. Robert Aldrich
Temas a tratar: o odio, o rencor e a rivalidade.
Este programa o promove a Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Pontevedra.