O foro de arte, cultura e educación de Pontevedra, é unhas xornadas dirixidas a toda a comunidade escolar, a profesionais e destinatarios do ámbito da educación. Un encontro cuxo fin é xerar un espazo de reflexión conxunta e un intercambio de experiencias entre administracións escolares, institucións artísticas, profesores, alumnos e familias. Un lugar de debate sobre a necesidade dunha complementariedade efectiva entre arte e educación en todos os niveis e en contextos formais e non formais, e sobre a importancia de xerar interseccións e territorios comúns. Así como a educación vai máis aló do sistema escolar, o arte non se circunscribe aos ámbitos de produción e reflexión artística como museos e departamentos de acción cultural. Ademais, o arte, área universal e versátil que podería xerar vantaxes como estratexia nunha educación intercultural e inclusiva, tende a elitizarse nos novos plans. Con este programa de conferencias e debates plantéase unha reflexión sobre a situación actual e unha anticipación ante os retos futuros. As xornadas divídense en tres bloques, que constitúen as esferas de produción cultural por parte das institucións educativas, artísticas e non formais.