O oficio de vivir_ciclo de cine e saúde mental

Desde a súa primera exhibición, o cinema revelou que o seu destino era axudar a redimensionar o imaxinario cultural dunha sociedade conformada por unha revolución tecnolóxica sen precedentes. O feito de que este fenómeno amplificase ata límites insospeitados a duplicidade mecánica inherente ao eido fotográfico –mediante o rexistro do devir do tempo e mediante o rexistro do movemento– motivou un enconado debate sobre cales ían ser as virtudes e os defectos de tan innovador artefacto.

Co cinematógrafo non só era posible obter unha imaxe dun referente do mundo sensible, senón que esa imaxe –que sustituía ao mentado referente mediante a súa duplicación– latexaba ante os extasiados sentidos duns espectadores obrigados a cuestionarse a súa condición. A vida emanaba do tren de luces e sombras mediante o transcorrer do tempo e mediante a alucinada percepción duns incorpóreos seres e artefactos que se desplazaban como no mundo real.

O grao de empatía entre o novo medio e os seus seminais espectadores aumentou exponencialmente a medida que o invento viuse afectado tanto polas estruturas narrativas inherentes ao relato decimonónico, como polos sistemas de representación visuais inherentes á pintura renacentista e ás artes escénicas. A paulatina cristalización das dramaturxias audiovisuais revelou que o obxectivo primordial do cinema era alterar o estado emocional do espectador. De feito, non se tardou en recoñecer a súa capacidade para (re)presentar tanto o poliédrico comportamento dos seres humanos, como as súas diversas motivacións.

Por este singularísimo motivo o cinema revélase unha canle ideal para reflectir os imaxinarios psicolóxicos e emocionais que conforman a nosa humana e caduca condición.

Obxectivos:

  • Recoñecer a capacidade do cinema para reflictir o espectro emocional e psíquico do ser humano.
  • Relacionar conceptos inherentes a diversas disciplinas e áreas de coñecemento.
  • Asimilar os diferentes mecanismos utilizados polo cinema para reflictir un imaxinario tan poliédrico como complexo.

Estructura da actividade:

Presentación e contextualización do filme a cargo de Suso Novás

Proxección do filme

Intervención do experto e reflexións a cargo de Victor Pedreira

Apertura de turno de preguntas e coloquio

 

Datas e horario: 30 de xaneiro e 6, 13 e 20 de febreiro de 19 a 22h

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra

 

Currículum dos relatores:

Suso Novás. Vencellado ao eido cinematográfico desde mediados dos anos noventa, formou parte da xunta directiva do Cine Club Pontevedra e deseñou a programación do Cine Forum de Noites Abertas da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra. Foi docente na facultade de Belas Artes (Uvigo) e no centro asociado da UNED de Pontevedra. Entre o 2004 e o 2010 colaborou regularmente con ARTNOTES: revista internacional de arte. Desde 2007 programa e coordina os seminarios e os ciclos cinematográficos da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Na actualidade traballa nas áreas de programación e coordinación formativa de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

 

Victor Pedreira. Médico, especialista en Psiquiatría. Ex Profesor de Enfermería en Saúde Mental na Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra desde o curso 1980-81 ata o curso 2015-16 (36 años). Ex Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHOP desde xaneiro de 1982 ata xaneiro de 2015. Ex Director Médico do Hospital Psiquiátrico Rebullón (Vigo) e dos Servizoz de Saúde Mental da Deputación de Pontevedra desde abril de 1990 a setembro de 1994. Ex Subdirector Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias da Xunta de Galicia desde setembro de 2005 a maio de 2009. Socio fundador e Presidente da Asociación Galega de Saúde Mental desde 1990 a 1996. Presidente de Honor da “Asociación Alba, de familiares e amigos de persoas con enfermidad mental”. Distinguido coa Cruz Brlanca da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre Drogas en febreiro de 2008. Distinguido co Premio “Cidade de Pontevedra 2017” na súa modalidade de Persoa Física “pola súa defensa inquebrantable da sanidade pública” (20-xaneiro-2018).

Selección de películas:

30 de xaneiro:

A habitación do fillo (“La stanza del figlio”|Italia|2001|100’|C)

Dir.:  Nanni Moretti

 

06 de febreiro:

Diario íntimo de Adèle H. (“L’Histoire d’Adèle H.”|Francia|1975|96’|C)

Dir.: Francois Truffaut

 

13 de febreiro:

Cisne negro (“Black swan”|USA|2010|109’|C)

Dir.: Darren Aronofsky

 

20 de febreiro:

Él (“Él”|Méjico|1953|92’|Bn)

Dir.: Luis Buñuel

 

Este programa o promove a Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Pontevedra  e colabora Cineclube Pontevedra.