O museo en Camiño: volta á ruta é un proxecto didáctico itinerante que na anterior convocatoria achegou o patrimonio do Museo Provincial de Pontevedra a unha escolma de pequenas poboacións do Camiño Portugués. Desta vez esta proposta innovadora que partiu do material xa creado, mestura as artes escénicas, as plásticas e os valores patrimoniais e medioambientais do Camiño para por en contacto a alumnado de primaria cunha parte da súa historia que descoñecen promovendo o coñecemento dunha ruta milenaria que percorre as súas poboacións. Ao tempo, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra promocionouse o Camiño Portugués con obradoiros artísticos interxeracionais e inclusivos e unha exposición que puxo peche ao programa nunha viaxe de ida e volta que reforzou a importancia do Camiño Portugués ao seu paso por Pontevedra.
Pliego didáctico e material dixitalizado
O museo en Camiño: volta á ruta completouse coa elaboración dun recurso didáctico para nenas e menos de primaria. O alumnado participante nas recreacións do museo portátil recibiu un prego ilustrado resumo con todas as pezas contidas na caixa-museo cos datos máis destacados de cada unha delas.
Ademais se preparou un material dixitalizado para que docentes de primaria poidan facer actividades plásticas na súa aula. Estes materiais foron aloxados na páxina web do Museo de Pontevedra para descarga libre coa fin de que poidan ser utilizados polo profesorado de xeito autónomo.
Exposición O Museo en Camiño
O proxecto complétase cunha mostra expositiva que se levpu a cabo no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Non se concibe como un producto rematado, senón que é un complemento do traballo feito nos obradoiros, aportando información sobre as pezas e coas que se se traballou e amosando as producións dos obradoiros non cun interese finalista, senón co obxectivo de exemplificar procesos e ilustrar dinámicas de traballo.
A montaxe faise nun espazo que non se utiliza habitualmente nno museo para exponer, utilizando materiais “rescatados” dos almacéns da institución como caixas de embalaxe de obra que se empregan como paneis de exposición.
Na segunda volta do proxecto a exposición recolle os resultados dos obradoiros familiares. De novo o espacio expositivo é unha zona de tránsito do museo recorrendo outra vez a elementos reutilizados e facendo unha instalación coas pezas saídas dun dos obradoiros. A pesar de “humildade” dos materiais, a montaxe resultante resulta moi atractiva para os visitantes.