Somos do Sexto. Un proxecto museográfico feito por nenas e nenos

Este programa didáctico está destinado a nenas e nenos de primaria. A través dunha metodoloxía activa, os nenos coñecerán as coleccións do Museo e os axentes que interveñen nun comisariado profesional sendo eles mesmos os protagonistas, fomentando o seu interese polo arte e familiarizándose co proceso expositivo. Serán os encargados de seleccionar as obras, documentarse sobre elas e identificar as temáticas que ensamblen o seu esquema proyectual. Este proceso culminará coa montaxe dunha exposición na que todos os elementos serán decididos polos nenos, e que se inserirá no calendario de actividades do Sexto Edificio e terá lugar en febreiro de 2018.

Funcións dos nenos comisarios

  • Coñecer as coleccións do Museo
  • Seleccionar as obras
  • Xerar o discurso expositivo
  • Exposición, valoración, manexo indirecto, preservación e administración de bens artísticos

Obxectivos

  • Comprender o concepto de colección
  • Establecer un vínculo positivo co Museo de Pontevedra
  • Actuar como axente activo no exercicio dos valores estéticos

Contidos

  • A colección no museo
  • Tipos de exposicións
  • O labor do comisario na exposición temporal
  • Desenvolvemento, organización e xestión dun proxecto de exposición
  • Montaxe da exposición e difusión

Metodoloxía

Ensino fractal. Grupo de 4-5 nenos que investigan sobre un tema.

Temporalización

Fase I: Investigación da obra do Museo, definición do programa de comisariado, tema da exposición e deseño de sesións.

Fase II: Convocatoria pública para formación do grupo de traballo, inscrición e selección de participantes.

Fase III: Execución de 12 sesións cos nenos, 1 tarde por semana de 18 a 20h, seguindo o calendario escolar.

Fase IV: Montaxe da exposición e inauguración da exposición.

Enlace ao vídeo: