Expresión e Impresión: a plástica como elemento para a interacción e a integración

tallerabierto_expresión e impresión_arteparaniñosy niñas

Calidade educativa e atención á diversidade

Este programa lúdico e educativo reivindica ao neno participante como destinatario final de cada acción, como protagonista do proceso de aprendizaxe, sexa cal for o seu momento evolutivo e características persoais e sociais coas que enfronta a tarefa de aprender. En consecuencia, o proxecto persegue unha inclusión educativa que supere as barreiras que dificulten o máximo desenvolvemento das súas capacidades.

Asumindo que a diversidade é a norma, este proxecto contribúe a valorar calquera tipo de diferenzas individuais como un activo e orientase á consecución dunha igualdade efectiva de oportunidades educativas. Ao falar de capacidade persoal, fálase de nenos con dificultades de aprendizaxe ou con altas capacidades.

Interacción

A expresión, ferramenta de comunicación humana que se manifesta a través de diversos linguaxes, é unha capacidade vinculada á competencia comunicativa. É necesario promover esa expresión infantil para acadar unha adaptación funcional. A expresión corporal é o comportamento exterior ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante un uso efectivo do corpo. A plástica e visual, como modo de representación e comunicación que emprega a linguaxe visual para favorecer o proceso creador. O fundamental neste proceso non é a creación, senón a libre expresión.

Valores e principios

Sustentado en valores que poidan axudar aos nenos a evolucionar, este proxecto, deseñado para actuar en contextos marcados por cambios múltiples e complexos, proporciona ferramentas cognitivas e emocionais que permiten comprender o seu papel como individuos autónomos e a súa relación cos demais. Ferramentas que fomenten adoptar un punto de vista propio en interacción co entorno natural e social, incorporando contidos e metodoloxías desde a construción colectiva de valores compartidos.

Obxectivos xerais

Coñecer e valorar o propio corpo

Conectar o neno co seu entorno social

Promover a interacción entre iguais

Fomentar a autonomía

Obxectivos específicos

Representar situacións reais a través do xogo simbólico

Diversificar as posibilidades expresivas do neno

Expresar emocións e comprender as dos demais

Valorar a participación como motor de cambio positivo

Aproveitar o poder educativo e transformador da arte

Os talleres

1 sesión semanal de 75 minutos

14 participantes: 7 prazas para nenos con diversidade funcional + 7 prazas para nenos normotípicos