Do eu ao nós: plástica para o coñecemento dun e do que nos arrodea

tallerabierto_ventosela_cincopieles_fundacionfilomenariveroaonso

Obradoiros para escolares de infantil. Fundación Filomena Rivero Alonso (Redondela)

A expresión, ferramenta de comunicación humana que se manifesta por medio de diversas linguaxes, é unha capacidade vinculada á competencia comunicativa. É necesario promover esa expresión infantil para alcanzar unha adaptación funcional. A expresión corporal é comportamento exterior ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante un uso efectivo do corpo.
A expresión plástica é un modo de representación e comunicación que emprega a linguaxe visual para favorecer o proceso creador. O fundamental neste proceso non é a creación senón a libre expresión.
O noso corpo e a nosa mente nunca actúan por separado e o alumnado de infantil comenza a representar e dar significado ao seu corpo nesta etapa establecendo relacións cos demais e cos espazos.

A teoría das 5 peles de Hunderwasser (1928-2000) sostén que os nosos corpos están en ósmosis coa contorna e defende que hai 5 capas concéntricas que parten da persoa para chegar ao universo. Este é o punto de partida dunha proposta creativa onde nenas e nenos desenvolverán un traballo plástico arredor do corpo, a cor e o espazo para entender que todos somos diferentes e temos distintas formas de entendernos a nós mesmos/as e ao que nos arrodea.
Para traballar cada unha das peles, ao longo de tres sesións, proporanse diversas actividades próximas á creación contemporánea e a arquitectura mediante as que o alumnado poida expresarse con liberdade.