Laboratorio de formas con Luís Seoane

tallerabierto_arteparaniñas_os_luis seoane

Con motivo do Día das Artes Galegas 2019 adicado a Luís Seoane presentamos unha actividade centrada na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas (pintura, literatura, deseño gráfico, grabado) pero sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega fora das nosas fronteiras. A súa obra plástica, marcada por unha intensa cor e formas rotundas, é o pretexto para traballar cos máis pequenos conceptos básicos de arte.
Mediante unha metodoloxía activa e participativa este taller adéntrase no universo de Luís Seoane para coñecer as súas cores, formas e composicións. Trátase dun taller no que se coñecerán as distintas etapas da súa obra e os temas tratados para achegarse a un dos artistas máis completos da Historia galega.

Obxectivos

  • Coñecer un dos artistas máis importantes da cultura galega do século XX
  • Entender as manifestacións artísticas como outro medio de expresión de ideas
  • Aprender conceptos básicos de arte
  • Identificar os rasgos que caracterizan a obra de Luís Seoane
  • Explorar as posibilidades de distintos materiais na creación artística