Atende ao teu. Promoción de valores do comercio local

Trátase dunha iniciativa para a Concellería de Promoción económica para poñer en valor os pequenos establecementos comerciais da vila. Este proxecto consta de 2 fases:

Xornadas fotográficas para nenas e nenos polo comercio local: Percorrido pola cidade para fotografiar aquelo que lles chama a atención do comercio local. Ao longo da sesión, coñecimos todos os beneficios de mercar no comercio de proximidade da man dos propios comerciantes que fomos visitando. Estas instantáneas foron feitas con cámaras desbotables que foron reveladas e seleccionadas para formar parte da fase 2.

Campaña de promoción do comercio local: As fotografías seleccionadas na fase 1, forman parte dunha campaña de promoción dos valores do comercio de proximidade da nosa cidade, en formato dixital, a través das redes sociais e físico, a través dunha exposición que quedou adiada pola situación sanitaria actual.