Pensar coas mans: taller para profesorado

Debuxar, modelar e producir cousas coas mans estimula as capacidades simbólicas, expresivas e creativas, entran en xogo cabeza, corazón e mans; base da nosa identidade. Un taller divertido que axuda a evitar os bloqueos mentais e unha oportunidade para usar o pensamento diverxente.

 

 

Contidos

Un circuíto de actividades creativas para desenvolver destrezas cognitivas, espaciais, manuais e gráficas.

Obxectivos

  • Sair da zona de confort para resolver problemas
  • Superar o obvio e o convencional
  • Desenvolver estratexias de pensamento diverxente

Metodoloxía

Participación activa e desenvolvemento parcial de dinámicas en equipo, nun percorrido lúdico que persegue a adquisición de destrezas a través do xogo e a interacción grupal.

[Foto de portada: Vasili Kandinsky Several Circles, No. 323]