Curso de iniciación á cerámica

Neste curso de iniciación á cerámica impartido por Emilia Guimeráns ao longo de 3 sesións, o alumno familiarizarase co material e diferentes técnicas para traballalo. Durante o curso realizaranse unha serie de pezas que os participantes poderán levar para casa ao rematar o taller.

Programa

Sesión 1

  • Exercicio práctico: a lousa
  • Texturas
  • Engobes
  • Encaixe de barros

Sesión 2

  • As coberturas cerámicas: Esmaltes e cores
  • Pintar con esmaltes
  • Debuxar con óxidos e pigmentos

Sesión 3

  • Análise dos resultados das pezas realizadas e coidas
  • Exercicio práctico: Debuxar con canteiras cerámicas
  • Proxección de traballos cerámicos

A profesora

Emilia Guimeráns conta cunha longa traxectoria como docente desde que comezou a súa actividade en 1986. Ensina na Escola de Cerámica de Nigrán e expuxo o seu traballo en mostras individuais e colectivas tanto en España como no ámbito internacional. Desde 2008 é membro da Academia Internacional de Cerámica e no 2012 formou o grupo Tinglao xunto con Jorge Pérez Conde.