Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre arquitectura

O 24 de novembro de 2018 celebramos na Cidade da Cultura de Galicia Contornos e contornas, unha visión transdisciplinar sobre arquitectura destinada a persoas involucradas ou interesadas en arquitectura e ciencias sociais e nas conexións que se establecen entre elas.

O título desta xornada une o termo contorno, entendido como o límite exterior dun corpo co termo contorna, referido á zona ou territorio máis ou menos delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo: A persoa como centro e todo o que a rodea é a semente desta xornada.

Nesta primeira edición, Contornos e contornas centrou o seu obxecto de análise nos recintos educativos, coa intención de que, a través dunha aproximación atenta e detida, se acade un clima de reflexión conxunta entre profesionais da arquitectura e as ciencias sociais. Dúas disciplinas chamadas a entenderse e que evidencian, en máis dunha ocasión, que están máis desconectadas entre si do que deberan.

Constitúe unha boa ocasión para debater sobre a necesidade dunha complementariedade entre disciplinas a importancia de atopar confluencias.

Unha coxuntura para conectar a profesionais que traballan en tres ámbitos a priori distantes rexeitando o seu tradicional illamento:

  • Desde a psicoloxía, Ricardo García Mira, mostrounos cómo a forma en que os escolares se desplazan aos seus centros educativos xenera distintos modos de estructuración espacial, propios de cada un, e condiciona o modo en que elaboran mapas cognitivos.
  • Desde a educación, materia que centra este primeiro encontro, Julia Crespo falounos da influenza dos espazos educativos do entorno formal nos procesos pedagóxicos e polo tanto na aprendizaxe .
  • E desde a arquitectura, comprobamos con Celestino García Braña como esta disciplina é a encargada de formalizar as funcións para as que están destinados os espacios docentes polo que da observación dos lugares onde se desenvolven as tarefas de ensinar e aprender pode deducirse a liña pedagóxica utilizada.

 

Relacionados