As tertulias de arte que deseñamos e impartimos para a Fundación María José Jove ao longo do curso 2022 – 23, son tertulias presenciais, en torno ao arte contemporáneo, dirixidas a persoas adultas, que teñen como obxectivo achegarnos sen medo, a través da Colección de Arte Fundación María José Jove, a esta disciplina desde un método práctico, sinxelo e diferente.
A Fundación María José Jove posúe unha Colección de Arte Contemporáneo que é todo un referente e a súa área de Didáctica sitúa esta Colección ao servizo do coñecemento e ábrella a todas as posibilidades de aprendizaxe que o arte xera de maneira directa e transversal.
É un curso de nove sesións que ten como obxectivo achegar a linguaxe do arte contemporáneo ás persoas adultas que desexen aprendelo desde unha perspectiva práctica e recoñecible.
Desenvólvese a través de encontros que teñen lugar o último martes de cada mes, en horario de 17 a 18.30 horas, na Sala de Arte da Fundación.