Desde a súa primeira exhibición, o cinema revelou que o seu destino era axudar a redimensionar o imaxinario cultural dunha sociedade conformada por unha revolución tecnolóxica sen precedentes. O feito de que este fenómeno amplificara ata límites insospeitados a duplicidade mecánica inherente ao ámbito fotográfico, mediante o rexistro do devir do tempo e mediante o rexistro do movemento, motivou un enconado debate sobre cales ían ser as virtudes e os defectos de tan innovador artefacto.
Co cinematógrafo non só era posible obter unha imaxe dun referente do mundo sensible, senón que esa imaxe, que substituía ao mencionado referente mediante a súa duplicación, latexaba #ante os extasiados sentidos duns espectadores obrigados a cuestionarse a súa condición. A vida emanaba do tren de luces e sombras mediante o transcorrer do tempo e mediante a alucinada percepción duns incorpórevos seres e artefactos que se desprazaban como no mundo real.
O grao de empatía entre o novo medio e os seus seminales espectadores aumentou exponencialmente a medida que o invento se viu afectado tanto as estruturas narrativas inherentes ao relato decimonónico, como polos sistemas de representación visuais inherentes á pintura renacentista e ás artes escénicas. A paulatina cristalización das dramaturxias audiovisuais revelou que o obxectivo primordial do cinema era alterar o estado emocional do espectador. De feito, non se tardou en recoñecer a súa capacidade para (re)presentar tanto o poliédrico comportamento dos seres humanos, como as súas diversas motivacións.
Por este singular motivo, o cinema revélase como unha canle ideal para reflectir os imaxinarios psicolóxicos e emocionais que conforman a nosa humana e caduca condición.
O lugar, datas e horarios son:
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
4 de febreiro de 2026
Hora: 19.00 h
Película: Estado de malestar (España, 2019, María Ruido)
Tema: Padecemento derivado do modo de vida contemporáneo
Relator xunto a Suso Novás: Pablo Braña, graduado en traballo social, exerce desde 2002. Entre o 2008 e o 2023 traballou adscrito aos Servizos de Hospitalización a Domicilio e Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Participou como relator en distintos congresos e talleres. Na actualidade traballa no Servizo de Psiquiatría (Unidade de Agudos) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
5 de febreiro de 2026
Hora: 19.00 h
Película: O lado bo das cousas (EEUU, 2012, David O. Russell)
Tema: Estigma do trastorno mental
Relatora xunto a Suso Novás: Estrela Gómez, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2003 leva traballando como psicóloga en diferentes centros de menores e de rehabilitación psicosocial así como na súa propia consulta en Pontevedra.
11 de febreiro de 2026
Hora: 19.00 h
Película: A habitación (Irlanda-Canadá-Reino Unido, 2015, Lenny Abrahamson)
Tema: Trauma Relator xunto a Suso Novás: Ana Cris Eiriz, psicóloga sanitaria con máis de 23 anos de experiencia traballando con población con trauma complexo. Desenvolveu a súa traxectoria en Intra-tp (Instituto de investigación y tratamiento del trauma y los trastornos de la personalidad), centro referente especializado en trastornos da personalidade, e desde hai 15 anos dedícase á intervención en trauma, especialmente en EMDR. Actualmente é clínica, consultora e facilitadora en formacións nacionais e internacionais en EMDR.
12 de febreiro de 2026
Hora: 19.00 h
Película: Her (EEUU, 2013, Spike Jonze)
Tema: Relacións sociais na rede
Relator xunto a Suso Novás: Mariano Hernández Monsalve, licenciado en Medicina pola Universidade de Valladolid (1976). Foi xefe de servizos de saúde mental de distrito en Madrid desde 1986 ata abril 2015. Actualmente é profesor no mestrado de “Psicoterapia – perspectiva integradora” na Universidade de Alcalá de Henares e no de “Rehabilitación Psicosocial en Saúde Mental Comunitaria ” na Universidade Jaume I de Castellón.
Este programa promóveo a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Pontevedra.
Organiza
taller abierto. Colectivo formado por Ana Barreiro e África Martínez, dúas arquitectas de Pontevedra que desde 2013 desenvolven proxectos artísticos e culturais. Entre as actividades que fan están a organización de cursos, a coordinación de comunidades de aprendizaxe e o comisariado de exposicións, así como a creación, organización e execución de xornadas e congresos. + info: www.tallerabierto.gal
Suso Novás. Vencellado ao eido cinematográfico desde mediados dos anos noventa, formou parte da xunta directiva do Cine Club Pontevedra e deseñou a programación do Cine Forum de Noites Abertas da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra. Foi docente na facultade de Belas Artes (Uvigo) e no centro asociado da UNED de Pontevedra. Entre o 2004 e o 2010 colaborou regularmente con ARTNOTES: revista internacional de arte. Desde 2007 programa e coordina os seminarios e os ciclos cinematográficos da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Na actualidade traballa nas áreas de programación e coordinación formativa de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

