Vidas de edificios: Día Internacional da Arquitectura

Ás veces, a rúa non permite ver a arquitectura. As construcións convértense en pezas inmóbiles neste museo en transición que é a cidade, un desfile de fluxos que, ás veces, as agocha e atropela. Algúns traballos de gran valor sobreviven, aínda que diminuídos. Eclipsados por outros con máis peso ou máis presenza. Pasan inadvertidos por rúas que se volven escuras, ahogadas entre edificios desproporcionadamente grandes. Hipertrofiados na súa planta baixa, desdibuxados nos seus límites, descolocados nos seus vanos. Sen un ángulo visual que os reviva.DIA-ARQ-WEB

O que propón taller abierto é un xogo. Un tótem descritivo na Praza da Estrela convida ao cidadán a situar seis traballos de distintas etapas históricas, sinalizados con cartelas, como se de pezas de museo se tratasen. Que o Día da Arquitectura, este ano co tema “cultura-arquitectura”, sirva para reparar neles.

mira

callejero-web