Alejandro de la Sota: forma e gravedade

Talleres de arquitectura sobre Alejandro de la Sota para a Cidade da Cultura

O mes de abril arrinca co Día das Artes Galegas adicado este ano a Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996). Se trata dunha das figuras máis recoñecidas do Movemento Moderno en Galicia e un dos máis notables arquitectos españoles da segunda metade do século XX. A aparente sinxeleza dos seus deseños marcou a traxectoria de numeroso arquitectos e a súa concepción da Arquitectura como consecuencia da formulación dun problema real, está máis vixente ca nunca.

A Cidade da Cultura de Galicia  súmase aos actos conmemorativos coa celebración o sábado 7 de abril de talleres familiares para coñecer a un dos mellores arquitectos do século pasado.

Liñas, formas e volumes

Un obradoiro participativo para coñecer a Alejandro de la Sota a través da experimentación coas formas, materiais e volumes do repertorio plástico e visual do arquitecto. Un taller que explora o significado da súa obra, así como a extraordinaria formulación espacial das súas solucións formais.

Obxectivos

Conectar aos nenos coa súa contorna

Entender os edificios como un conxunto de forzas e tensións

Identificar os tipos estruturais segundo a súa forma

Recoñecer a de la Sota como o noso arquitecto moderno máis importante

A casa, historia dun cambio

Un taller familiar para coñecer o nacemento do Movemento Moderno en España da man da arquitectura de De la Sota, desde unha perspectiva dinámica e diacrónica.

Obxectivos

Coñecer o Movemento Moderno como unha ruptura arquitectónica co pasado a nivel internacional

Descubrir as claves da arquitectura sotiana

Xogar e manipular elementos espaciais

Construir colaborativamente unha maqueta arquitectónica