Maruja Mallo. Unha viaxe espacial

Un taller  para ASPANAES no CGAC:

Actividade didáctica en torno á obra de Maruja Mallo, para observar tanto os procesos compositivos (a matemática) como o discurso das temáticas que trata: o baleiro e o infinito do universo que crea especialmente na serie “Viaxeiros do éter”, tamén coñecida como “Os moradores do baleiro”.

Un sinxelo percorrido polas etapas artísticas da pintora: o futurismo, o realismo máxico, o seu particular surrealismo e o formalismo característico das últimas obras. Nesta viaxe búscase o fundamento xeométrico que articula as composicións de Mallo.

O taller abórdase a través de tarefas gráfico-plásticas. Un firmamento colectivo, no que se elaboran figuras e fondo para explicitar as nocións de corpo e espazo, e a elaboración de concepcións obxectuais propias, que xurden como artefactos e naves espaciais a través da xuxtaposición de formas xeométricas, partindo da deconstrución do repertorio formal da autora.