Taller familiar: Coñecendo a Picasso

tallerabierto tallerpicasso fundacionmariajosejove

Pablo Picasso foi un dos artistas máis importantes do século XX e a súa obra revolucionou a forma de desenvolver os procesos artísticos reivindicando unha nova forma de representar a realidade. A súa constante inquietude por aprender cousas novas levoulle a introducirse en distintas disciplinas producindo unha cantidade inxente de obra e probando diferentes formas de expresarse.
Neste obradoiro presentarase a figura deste gran artista facendo un percorrido pola súa obra que permita entender aos participantes o novedoso dos seus plantexamentos.
A través dunha actividade plástica dinámica os/as participantes explorarán o seu estilo coñecendo a súa evolución desde que era un neno e pintaba como un adulto, ata cando, xa anciá, pintaba como un neno.

Obxectivos
Coñecer a obra de Picasso e identificar o seu estilo.
Utilizar a expresión plástica como medio para desenvolver a imaxinación e a creatividade.