Desde moi lonxe no tempo o Camiño de Santiago foi a ruta máis antiga e concorrida do continente europeo. Durante séculos compartiu xunto a Roma e Xerusalén o atractivo para os camiñantes. Sen embargo, Compostela foi o único emprazamento que consolidou facer un camiño, é dicir, unha ruta estable que foi e segue sendo vía de difusión cultural e de encontro de xentes de todas as partes do mundo.
O último Ano Xacobeo celebrouse no ano 2010. Case unha década despois, hai unha nova xeración de nenos e nenas que non coñecen o Camiño e un numeroso grupo de xente nova que apenas tivo contacto coas manifestacións culturais que emanan do mesmo. Por outra banda, algúns sectores de poboación todavía perciben o Camiño como algo alleo que só gozan os que chegan a Galicia en busca dunha experiencia turística.
Este proxecto pretende introducir a nenos e nenas de primaria nos valores do Camiño de Santiago para entender o seu trazado e comprender cal é a súa orixe. Trátase dunha proposta didáctica que sirva como introdución nos significado do Xacobeo, as súas orixes e vinculacións culturais. A través do deseño duns paneis didácticos que amosan a riqueza dos distintos itinerarios a Santiago que se levarán os centros educativos pertencentes ao Concello de Ribeira e unha serie de obradoiros de carácter didáctico para escolares de 6 a 12 anos, nos que se lles explique por primeira vez o sentido das rutas xacobeas e a súa situación xeográfica e como as distintas rutas que chegan a Santiago percorren o territorio galego por algunhas das paraxes máis bonitas do noso territorio incidindo sobre a ruta do Mar de Arousa e río Ulla.
O obxectivo é coñecer a importancia histórica da ruta xacobea e o seu potencial como transmisor cultural a través de material gráfico adaptados á idade dos participantes. Explicarase aos participantes cal é o significado do Camiño en todas as súas vertentes destacando a súa capacidade como elemento xerador de valores culturais.
Obxectivos xerais:
Valorar o patrimonio cultural do Camiño de Santiago, particularmente entre o público que nunca viviu un Ano Xacobeo (nenos e nenas de 6 a 12 anos).
Valorar e dar a coñecer entre os máis novos a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.
Entender a importancia do Camiño de Santiago para a sociedade galega e a súa influencia na cultura europea.
Comprender que o legado dos nosos devanceiros é fundamental para entender o mundo actual e a nosa historia e pensamento.
Promocionar cultural e turísticamente Ribeira e Galicia arredor do Ano Santo Xacobeo 2021/22
Obxectivos específicos:
Coñecer a historia do Camiño de Santiago e a súa vinculación coa vila de Ribeira.
Establecer un vínculo positivo co seu significado.
Facer unha montaxe expositiva dirixida a cidadanía e turistas destacando a importancia da Ruta Xacobea, dos diferentes camiños e especialmente da ruta do Mar