INICIO

QUÉ FACEMOS

QUENES SOMOS

CONTACTO

CON D DE ARTE

Esta é unha exposición de arte contemporánea na que se propón un paseo cheo de sorpresas. Está formada por obras da colección de Afundación de 1960 a 2011 con significados abertos. Cun deseño expositivo adaptado á infancia, este é un proxecto de educación nas artes e tamén a través da arte,pois as obras contemporáneas permiten afondar noutros temas como a igualdade, a diversidade ou o medio ambiente. Á súa vez é unha boa plataforma para alfabetizar visualmente aos novos membros dunha sociedade mergullada en imaxes que ás veces son difíciles de xestionar.

A arte contemporánea, pola súa capacidade para mediar entre artista e espectador, interpela ao receptor de xeito directo, estimulando a imaxinación e motivando reflexións que enriquecen a formación da persoa.

Lugar: Sede Afundación Santiago de Compostela, Rúa do Vilar 19

Datas: do 11 de febreiro ao 24 de maio

Horario: de luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

MÁIS PROXECTOS

O OFICIO DE VIVIR
Ciclo de cine e saúde mental

O MUSEO EN CAMIÑO
Ciclo de cine e saúde mental

NOVAS CINEMAS
Festival Internacional de Cinema de Pontevedra

LABERINTO MARCO

PANEIS DIDÁCTICOS SOBRE ARTE

SOMOS DO SEXTO

Taller Abierto 2026 | Praza da Estrela, 4 Baixo – Pontevedra

Política de privacidade | Aviso legal | Política de cookies | Accesibilidade