O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é un espazo que serve de punto de encontro entre o mundo dos libros e os lectores máis xoves. Xurdiu en 1999 pola iniciativa dun grupo de persoas amantes da lectura co patrocinio do Concello de Pontevedra.
Durante as dezaoito edicións celebradas, foron numerosas as institucións e colectivos que aportaron as súas ideas e actividades para achegar a lectura á infancia e xuventude.
Nesta edición, taller abierto desenvolverá as seguintes actividades pensadas para público familiar:
Cóntame outra vez
Obradoiro no que se reinterpreta o costume dxs maiores de contar contos a fillxs e netxs. Nesta ocasión, recupéranse os contos tradicionais cunha nova perspectiva de xénero actualizando o papel da muller nas historias de sempre. Debuxar e narrar visualmente converte a acción de contar contos nun diálogo.
Público familiar. De 4 a 8 anos. Inscrición previa.
Prazas limitadas (máximo 10 parellas, nenx + adulto)
Data: 13 de abril, de 17.30 a 18.30
Eu son…
Obradoiro de creación de personaxes femininos que fan traballos fundamentais na sociedade e imprescindibles nas nosas vidas: astronautas, científicas, bombeiras, enfermeiras, paracaidistas…
Público familiar. De 4 a 8 anos. Inscrición previa.
Prazas limitadas (máximo 10 parellas, nenx + adulto)
Data: 20 de abril, de 17.30 a 18.30