O monte é teu: obradoiros de natureza e creatividade

tallerabierto_arteparaniñaas_os_parquesforestales

Os parques forestais naturais de Pontevedra, son un contorno natural de gran valor próximo ao centro urbano que ofrece numerosas posibilidades de ocio que deben ser coñecidas pola cidadanía. A cativada como parte activa da poboación e futuros adultos responsables han de familiarizarse cos valores medioambientais da súa contorna para poder apreciar e respectar este tipo de espazos.

Neste contexto privilexiado e dentro do programa municipal “O monte é teu” levamos 3 anos desenvolvendo actividades didácticas onde se combinan a observación e o traballo plástico en exercicios de apreciación da natureza e valoración da paisaxe.

Comezamos cun roteiro polo parque para subliñar o valor natural da contorna e as súas características de espazo de lecer facendo fincapé na importancia do seu coidado como espazo natural a conservar onde hai que respectar a flora e a fauna. Estas son as responsables da boa calidade da auga, o aire e o chan, ademais de ser os mellores indicadores do estado de saúde dos ecosistemas.

Este paseo consciente de observación faise cun caderno de ruta no que cada neno ou nena poderá ir completando unha serie de actividades propostas en relación ao espazo que se percorre.

Obxectivos:

– Valorar a contorna próxima

– Coñecer os parques forestais de Pontevedra

– Comprender a importancia do coidado do planeta

– Entender a importancia do medio natural na vida das persoas.

– Fomentar o interese na natureza e o medioambiente.

 

Destinatarios: Nenas e nenos de 7 a 12 anos acompañados por un adulto

Prazas limitadas: Máximo 12 nenos e nenas por quenda