O oficio de vivir: ciclo de cine e saude mental 2025

Desde a súa primera exhibición, o cinema revelou que o seu destino era axudar a redimensionar o imaxinario cultural dunha sociedade conformada por unha revolución tecnolóxica sen precedentes. O feito de que este fenómeno amplificase ata límites insospeitados a duplicidade mecánica inherente ao eido fotográfico –mediante o rexistro do devir do tempo e mediante o rexistro do movemento– motivou un enconado debate sobre cales ían ser as virtudes e os defectos de tan innovador artefacto.

Co cinematógrafo non só era posible obter unha imaxe dun referente do mundo sensible, senón que esa imaxe –que sustituía ao mentado referente mediante a súa duplicación– latexaba ante os extasiados sentidos duns espectadores obrigados a cuestionarse a súa condición. A vida emanaba do tren de luces e sombras mediante o transcorrer do tempo e mediante a alucinada percepción duns incorpóreos seres e artefactos que se desplazaban como no mundo real.

O grao de empatía entre o novo medio e os seus seminais espectadores aumentou exponencialmente a medida que o invento viuse afectado tanto polas estruturas narrativas inherentes ao relato decimonónico, como polos sistemas de representación visuais inherentes á pintura renacentista e ás artes escénicas. A paulatina cristalización das dramaturxias audiovisuais revelou que o obxectivo primordial do cinema era alterar o estado emocional do espectador. De feito, non se tardou en recoñecer a súa capacidade para (re)presentar tanto o poliédrico comportamento dos seres humanos, como as súas diversas motivacións.

Por este singularísimo motivo o cinema revélase unha canle ideal para reflectir os imaxinarios psicolóxicos e emocionais que conforman a nosa humana e caduca condición.

Obxectivos:

  • Recoñecer a capacidade do cinema para reflictir o espectro emocional e psíquico do ser humano.
  • Relacionar conceptos inherentes a diversas disciplinas e áreas de coñecemento.
  • Asimilar os diferentes mecanismos utilizados polo cinema para reflictir un imaxinario tan poliédrico como complexo.

Estructura da actividade

Presentación e contextualización do filme

Proxección do filme

Relatorio a cargo de Suso Novás xunto ao experto en psicoloxía (ver programa)

Apertura de turno de preguntas e coloquio

Suso Novás. Vencellado ao eido cinematográfico desde mediados dos anos noventa, formou parte da xunta directiva do Cine Club Pontevedra e deseñou a programación do Cine Forum de Noites Abertas da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra. Foi docente na facultade de Belas Artes (Uvigo) e no centro asociado da UNED de Pontevedra. Entre o 2004 e o 2010 colaborou regularmente con ARTNOTES: revista internacional de arte. Desde 2007 programa e coordina os seminarios e os ciclos cinematográficos da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Na actualidade traballa nas áreas de programación e coordinación formativa de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra

Datas: 5, 6 12 e 13 de febreiro do 2025, de 19 a 22h.

Programa do ciclo 2025

1º sesión : Non sei dicir adeus (No sé decir adiós, España, 2017, Lino Escalera)

Tema: duelo

Relatora xunto a Suso Novás:

Alejandra Santos Polo, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca desde 2009. É especialista en “Psico-oncoloxía e coidados paliativos. Actualmente, traballa na Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra. A práctica neste ámbito obrigouna a ter formación e especialización en Duelo para acompañar ás familias tras a perda dun ser querido.

2º sesión: Temos que falar de Kevin (We Need to Talk About Kevin, Inglaterra, 2011, Lynne Ramsay)

Tema: menores en situación de risco

Relatora xunto a Suso Novás:

Rocío Gómez Juncal, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001e Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Vigo, sendo docente e investigadora desde 2003 en diferentes universidades españolas. Foi profesora na universidade de Vigo, Santiago e na UNED e desde 2018 é profesora na UNIR. Desde novembro de 2024 é Subdirectora académica da Área de Psicología da Facultade de Saúde de UNIR.

3º sesión: Eu tiña unha vida (Yo tenía una vida, España, 2023, Octavio Guerra)

Tema: reinserción social

Relator xunto a Suso Novás:

Pablo Braña, graduado en traballo social e exerce desde 2002. Entre o 2008 e o 2023 traballou  adscrito aos Servizos de Hospitalización a Domicilio e Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Participou como relator en distintos congresos e talleres. Na actualidade traballa no Servizo de Psiquiatría (Unidade de Agudos) do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo.

4º sesión:  Xente corrente (Ordinary People, Estados Unidos, 1981, Robert Redford)

Tema: Suicidio

Relatora xunto a Suso Novás:

Estrela Gómez, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2003 leva traballando como psicóloga en diferentes centros de menores e de rehabilitación psicosocial así como na súa propia consulta en Pontevedra.

Desde 2007, é a psicóloga e coordinadora dun centro de Rehabilitación Psicosocial en Cangas para personas con trastorno mental grave, traballo que compaxina coa atención na súa consulta e a docencia.

Este programa o promove a Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Pontevedra.