O número áureo: a divina proporción

O Concello de Pontevedra xunto coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades dentro da Convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación celebrou unha vez máis Pontenciencia 2020: VII FEIRA da Miniciencia.

Nesta edición, taller abierto participou coa seguinte actividade:

O número áureo: a divina proporción

Trátase dun obradoiro participativo para coñecer o número de ouro, tamén coñecido como proporción áurea ou divina proporción, un dos conceptos matemáticos que aparecen unha e outra vez ligados á natureza e á arte. Este número rixe tanto a disposición dos pétalos da rosa como as dimensions das obras de Le Corbusier ou o Partenón de Atenas. Escóndese tras a Mona Lisa de Leonardo Da Vinci e aparece repetidamente no estudo do crecemento das plantas ou as ás dos insectos. Este taller explora a continua presenza das matemáticas na nosa contorna e vida cotiá contextualizando a aprendizaxe dunha materia que ás veces resulta allea a nenas e nenos.

Obxectivos

 – Comprender que as matemáticas estruturan procesos habituais nas nosas vidas.

 – Entender como a proporción contribúe á beleza da obra de arte.

– Identificar a presenza da proporción áurea no medio próximo.