O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é un espazo que serve de punto de encontro entre o mundo dos libros e os lectores máis xoves. Xurdiu en 1999 pola iniciativa dun grupo de persoas amantes da lectura co patrocinio do Concello de Pontevedra.

Durante as vinte edicións celebradas, foron numerosas as institucións e colectivos que aportaron as súas ideas e actividades para achegar a lectura á infancia e xuventude.

Nesta edición, taller abierto desenvolve a seguinte actividade pensada para público familiar:

Ilustrando o humor de Castelao

Partindo da obra “Cousas de Nenos” de Castelao, humorista gráfico galego por excelencia, propoñemos un obradoiro creativo onde nenas e nenos transformarán as palabras en imaxes que complementen uns textos onde o humor sempre é o protagonista. Trátase dunha actividade familiar na que compartir lecturas e debuxos
para fomentar a imaxinación.

 Público familiar. De 4 a 10 anos, Inscrición previa.

 Prazas limitadas (máximo 10 parellas, compostas por un nen@ cun adulto)

 Data e horario: 8 de marzo ás 11.30h

 Duración: 60 minutos