O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é un espazo que serve de punto de encontro entre o mundo dos libros e os lectores máis xoves. Xurdiu en 1999 pola iniciativa dun grupo de persoas amantes da lectura co patrocinio do Concello de Pontevedra.
Durante as dezanove edicións celebradas, foron numerosas as institucións e colectivos que aportaron as súas ideas e actividades para achegar a lectura á infancia e xuventude.
Nesta edición, taller abierto desenvolve a seguinte actividade pensada para público familiar:
Debuxos a mares. Ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro
A obra deste premiado autor é o punto de partida dun obradoiro creativo onde nenos e nenas
transformarán as palabras en imaxes que complementen uns textos onde o mar sempre é o
protagonista. Trátase dunha actividade familiar na que compartir lecturas e debuxos para
fomentar a imaxinación.
Público familiar. De 4 a 12 anos, Inscrición previa.
Prazas limitadas (máximo 10 parellas)
Data e horario: Venres 5 de abril ás 17:30h
Duración: 60 minutos