O Museo en Camiño

Este programa, feito en colaboración co Museo Provincial de Pontevedra, reforza o papel do Camiño como eixo que vertebra cultura. Ademais pretende impulsar a identidade xacobea de lugares pertencentes ás rutas xacobeas ao seu paso polas provincias de Pontevedra e A Coruña. Nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de poboacións do Camiño portugués tiveron a oportunidade de coñecer o significado de formar parte dun percorrido moi antigo na que paisaxe, patrimonio e valores espirituais se funden nunha ruta de intercambio entre persoas.

Unha selección de pezas representativas da colección do museo son a base sobre a que desenvolver unha serie de unidades didácticas para traballar por medio da expresión plástica conceptos sobre historia, arte e patrimonio. Diseñase unha maleta contedor de obxectos que evocan as pezas elixidas. Conta tamén con réplicas para unha mellor comprensión por parte dos participantes que, moi probablemente, non estean familiarizados coa colección. Cada un dos compartimentos corresponde cunha obra destacada da colección do Museo e se aborda o seu estudo segundo os intereses do alumnado facendo que en cada sesión sexan eles mesmos os que decidan sobre que queren reflexionar. As unidades didácticas son acordes ao nivel dos participantes e mediante elas poderán traballarse contidos do currículo de primaria.

O equipo dinamizador do proxecto viaxou aos lugares do Camiño elixidos para traballar as unidades didácticas propoñendo unha serie de actividades prácticas nas que se fomentou a aprendizaxe por descubrimento e o debate establecendo un vínculo positivo coa arte e a historia. Unha sorte de museo expandido no que chegar a novos públicos. Un proxecto vivo e adaptado ás inquedanzas dos pequenos onde destacan os aspectos cualitativos fronte aos cuantitativos.

Obradoiro en Redondela

Obradoiro en Barro

Obradoiro en Valga

Obradoiro en Ribadelouro

Obradoiro en Tui

Obradoiro en Pontecesures

Obradoiro en Arcade

Obradoiro en Cesantes

Obradoiro en Padrón

Obradoiro en Caldas

Ao remate do programa producirase un material expositivo que se amosará no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra para explicar o traballo feito e pechar o círculo: o caixón regresa ao seu punto de partida espallando na orixe todo o aprendido na súa viaxe.