Concepción Arenal foi unha escritora e socióloga galega que nos seus escritos asentou as bases do feminismo de hoxe. Este obradoiro para nenos e nenas de primaria presenta a esta grande muller mediante unha actividade lúdica que permite a reflexión e a creación plástica. Unha breve exposición teórica da paso a un debate no que os participantes afondan no que significa a igualdade entre homes e mulleres mediante a creación dun mapa visual da vida de Concepción Areal. Dun xeito gráfico aparecen os feitos máis importantes da súa traxectoria: os seus estudos na universidade, o traballo nas cárceres de mulleres ou os seus escritos para que os participantes se formen unha idea precisa do personaxe. A actividade conxuga o exercicio do pensamento crítico, a creatividade e a expresión mediante a linguaxe artística.
Obxectivos
Coñecer a figura de Concepción Areal
Comprender a importancia das súas accións no contexto e do seu legado no tempo
Entender os avances na loita pola igualdade entre homes e mulleres
Apreciar cando se produce unha situación de desigualdade e a inxusticia que supón
Fomentar o pensamento crítico e a reflexión a partir dunha exposición teórica
