O pasado sábado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, quen tanto escribiu fóra da nosa terra, para conmemorar o seu 181º aniversario. Con este motivo, e tamén para festexar o Día da Lingua Nai (21 de febreiro) o Concello de Marín encargounos un taller familiar no que se traballaron aspectos relacionados coa fala e a expresión plástica. Formulouse un obradoiro interxeneracional participativo con público familiar para traballar colaborativamente o valor comunicativo da Lingua Galega a través da expresión plástica.
Tratouse dun obradoiro de ilustración que buscaba coñecer, compartir e valorar palabras galegas combinando a linguaxe gráfica coa escrita. A actividade foi guiada cunha metodoloxía activa e os procesos de creación foron libres, traballando en equipos dun neno e un adulto.
Os traballos feitos no taller quedaron a disposición de taller abierto para a súa posterior edición, xa que ao remate do obradoiro formúlase a posibilidade de editar un “Diccionario visual de palabras galegas: imaxes para unha fala” a partir dos materiais recopilados. Será unha publicación apegada á cultura popular de palabras singulares e expresións que só se entenden ou atopan significado en Galicia, por se referir a cuestións topolóxicas ou de idiosincrasia da nosa terra.