Que eliminarías da túa cidade e por que?
Cantas veces á semana usas o coche?
Que lugares recomendarías a un amigo?
Prefires o mercado ou o centro comercial?
E máis prazas de aparcamento ou máis árbores?
Cal é a distancia máxima á que che desprazas camiñando?
Utilizas os bancos da rúa?
Podes enumerar tres comercios do centro histórico que non sexan bares?
Cales son os lugares onde desfrutas cos teus amigos?
Hai na túa cidade edificios en ruínas?
Gran parte do que aprendemos recibímolo cotiámente no espazo público. Nas rúas, nas prazas. A cidade é o entorno cultural por excelencia, unha escola permanente de aprendizaxe, reflexión e socialización. A cidade do futuro xa non é o que era. Hoxe falamos de humanización da cidade, de vida lenta e de segmentación do tráfico, que son conceptos antagónicos ao mundo da máquina, o vertixinoso, o trepidante.
Contemplamos outras formas de intercambio, interculturalidade e mestizaxe, heteroxeneidade, urbanismo social, uso compartido de bens particulares e do espazo público, aforro enerxético.
O que nos propoñemos son accións para mellorar a túa experiencia na cidade.
Con estas reflexións trazamos unha cidade calquera, con áreas funcionais, morfolóxicas e estruturais diferenciadas, para que os visitantes de Culturgal 2013 asociasen espazos a sensacións. A participación foi moi alta, e puideron extraerse varias conclusións. Na parte baixa, a experiencia plástica infantil de explosión cromática. Na parte urbana, un análise que podería servir para pensar que urbanismo é máis apreciado.