Coñecendo a túa vila

Para valorar algo é necesario coñecelo, e o estudo do legado dos nosos antepasados é esencial para comprender o mundo actual. Esta serie de talleres constitúe un programa creativo arredor do Patrimonio arquitectónico dos nosos pobos e cidades. Tres talleres independentes que analizan a forma urbana, o modo de vida e o pasado.

Espazo

Contidos de Xeografía física e humana que abarcan paisaxe, territorio e infraestruturas. Aspectos sobre o asentamento nun enclave físico concreto, que aprofundan en como o entorno inflúe na forma de vivir e condiciona o construído, ao mesmo tempo que transforma a paisaxe natural.

Tempo

Exploración activa e lúdica do lugar, cun paseo sensorial de análise de fragmentos da vila ou cidade, así como elementos que dan pistas sobre a orixe dos edificios, das familias que os habitaron, o trazado das rúas na configuración urbana e as comunicacións co exterior.

Cultura

Un estudo das casas e construcións máis singulares, así como materiais e aspectos etnográficos significativos que aínda se conservan da arquitectura popular. Coñécese o exterior e adívíñase o que agochan as fachadas, recuperando elementos culturais como a toponimia.

Obxectivos

Conectar ao neno co seu entorno

Desenvolver o sentido da observación

Coñecer a historia do lugar

Distinguir e apreciar a arquitectura popular

Coñecer tipoloxías arquitectónicas e termos propios