Novos cinemas é un festival de cine no que novos directores e directoras presentan as súas óperas primas ou segundas. Trátase dun evento cinematógrafico moi completo onde, ademais da parte de exhibición, hai unha ampla oferta formativa para distintos públicos. Neste eido taller abierto impartirá un taller plástico para nenos de 8 a 12 anos centrado nas relación entre o celuloide e a pintura.
Descrición
O cinema naceu moi vencellado ás distintas artes e, en especial, á pintura, polo que desde os seus inicios os cineastas utilizaron elementos da linguaxe plástica na construción das súas historias. Neste taller explorarase esta relación a través de distintos exemplos dando paso a un traballo creativo co que se poderá experimentar esta dialéctica.
Prazas limitadas
Nenos e nenas de 8 a 12 anos
Data: Sábado 19 de decembro de 11 a 13 h
Lugar: Sexto edificio do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3
Inscrición
Farase mediante o envío dun correo electrónico a contacto@tallerabierto.info cos seguintes datos:
- Nome da/o nena/o
- Data de nacemento
- Nome do pai, nai ou tutor
- Teléfono de contacto