Paneis didácticos sobre arte e diversidade
Material didáctico que xira arredor da diversidade partindo do arte, pois esta é unha ferramenta poderosa para abordar cuestións de interese que trascenden as materias habituais da escola. Deseñamos uns paneis expositivos para a Fundación Filomena Rivero Alonso destinados ao alumnado de primaria dos centros educativos pertencentes ao Concello de Redondela.
Prego didáctico Emilia Pardo Bazán
No ano 2022 conmemorouse a efeméride dos 100 anos desde o falecemento de Emilia Pardo Bazán, referente para as letras e o activismo feminista, polo que é unha boa ocasión para reivindicar a súa figura. Para elo, deseñamos un prego adicado a esta muller homenaxeada destinado a nenas e nenos de primaria que sirva como […]
Arte para nenas e nenos 2024/25:
Unha experiencia plástica diferente
Xa está aberta a inscrición para o curso 2024/2025 de arte para nenos/as. Comezamos en outubro! Na educación artística o importante non son tanto as técnicas nin os resultados, senón fundamentalmente o aproveitamento das capacidades e a expresión libre. Ofrecemos unha oportunidade para que os nenos establezan vínculos co arte e obteñan coñecementos esenciais para […]
Somos do Sexto. Un proxecto museográfico feito por nenas e nenos
Este programa didáctico está destinado a nenas e nenos de primaria. A través dunha metodoloxía activa, os nenos coñecerán as coleccións do Museo e os axentes que interveñen nun comisariado profesional sendo eles mesmos os protagonistas, fomentando o seu interese polo arte e familiarizándose co proceso expositivo. Serán os encargados de seleccionar as obras, documentarse […]
Programa intensivo de deseño, arquitectura e aprendizaxe espacial
Esta pode ser unha oportunidade para que os/as nenos/as obteñan coñecementos espaciais ligados ao deseño, a arquitectura, o urbanismo e o territorio. Este programa está deseñado para desenvolver e potenciar, xogando, as chamadas intelixencias múltiples, en especial a viso-espacial e a corporal-kinestésica. Achegar o estudo do espazo nun sentido amplo, desde un enfoque global co […]
Programa didáctico:
arquitectura para nenas e nenos
Proxecto didáctico: Arquitectura para nenas/os III Convocatoria de proxectos escolares educaBarrié 2014-2015 O Proxecto Didáctico Arquitectura para nenos foi seleccionado na III Convocatoria de proxectos escolares educaBarrié 2014-2015. EducaBarrié é unha rede de persoas (profesores, estudantes, pais,investigadores,..) interesados nun novo modelo de educación e unha plataforma www.educabarrie.org através da cal a Fundación Barrié apoia aos […]
Caderno de arquitectura. A forma urbana de Pontevedra
Publicación didáctica O caderno de arquitectura é unha guía visual sobre Pontevedra cun marcado carácter didáctico. Ao longo das súas páxinas explícase a orixe da cidade e os distintos tecidos que a conforman para logo resaltar unha serie de edificacións que as veces pasan desapercibidas e son de interese polo seu valor arquitectónico en distintas […]
Curso de formación do profesorado na área plástica e visual
Na educación española, e especialmente na etapa de Primaria, o ensino artístico perdeu relevancia e a maioría dos nenos que na etapa preescolar se comunicaban entusiasticamente a través da expresión gráfico-plástica perden o interese por esta práctica e convertéronse en adultos que non saben debuxar. Este Curso de Formación do Profesorado no ámbito plástico e […]
Laboratorio de infancia
PARTICIPA NO FUTURO DA INFANCIA DE PONTEVEDRA Programa impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra con financiación europea dos fondos da Estratexia de Desarrollo Urbano Sostible Integrado (EDUSI) A infancia é un sector de poboación valioso tanto polo seu potencial futuro como pola súa condición de herdeiros do patrimonio e a cultura propias, ademais […]
Atende ao teu. Promoción de valores do comercio local
Trátase dunha iniciativa para a Concellería de Promoción económica para poñer en valor os pequenos establecementos comerciais da vila. Este proxecto consta de 2 fases: Xornadas fotográficas para nenas e nenos polo comercio local: Percorrido pola cidade para fotografiar aquelo que lles chama a atención do comercio local. Ao longo da sesión, coñecimos todos os […]