Novos cinemas é un festival de cine no que novos directores e directoras presentan as súas óperas primas ou segundas. Trátase dun evento cinematógrafico moi completo onde, ademais da parte de exhibición, hai unha ampla oferta formativa para distintos públicos. Neste eido taller abierto impartirá un taller plástico para nenos de 8 a 12 anos centrado nas relación entre o celuloide e a arquitectura.
Descrición
Aparentemente, a historia e os personaxes son os ingredientes principais dun filme, pero hai outros factores que contribúen a que unha boa historia se transforme nunha obra mestra. O espazo e a arquitectura son algúns dos puntos de apoio para o desenvolvemento argumental dun filme, mais en moitas ocasións, devanditos elementos transcenden o seu funcional destino de continente para un contido e se transforman en auténticos protagonistas: facendo que sexa practicamente imposible entender o relato sen a súa sensorial, física e metafórica presenza.
Tomando como referente un filme representativo da historia do cinema, neste taller plástico abordaremos os postulados da arquitectura do Movemento Moderno e as súas relacións coa cidade e o entorno urbano.
Trátase dunha actividade creativa que fomenta o espírito crítico e onde cada participante reflexionará sobre as vantaxes e os inconvenientes que comportan conceptos ou termos tan semantizados como tradición e modernidade.
Prazas limitadas
Nenos e nenas de 8 a 12 anos
Data: Sábado 18 de decembro de 11 a 13 h
Lugar: Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3
Inscrición
Farase mediante o envío dun correo electrónico a contacto@tallerabierto.info cos seguintes datos:
- Nome da/o nena/o
- Data de nacemento
- Nome do pai, nai ou tutor
- Teléfono de contacto