Programa intensivo de deseño, arquitectura e aprendizaxe espacial 

Esta pode ser unha oportunidade para que os/as nenos/as obteñan coñecementos espaciais ligados ao deseño, a arquitectura, o urbanismo e o territorio.

Este programa está deseñado para desenvolver e potenciar, xogando, as chamadas intelixencias múltiples, en especial a viso-espacial e a corporal-kinestésica. Achegar o estudo do espazo nun sentido amplo, desde un enfoque global co obxectivo de construír no neno unha estrutura de pensamento e unha forma de mirar que o capacite para comprender e apreciar, e tamén para interactuar e intervir de forma crítica no contorno.